Linkalde
← Publicacións
Físico5 min de lectura

A preparación física no fútbol base: que adestrar en cada idade e por que con balón

Resistencia, velocidade, forza, coordinación e flexibilidade: que pide o fútbol, que capacidade convén traballar en cada etapa segundo a FIFA e como axustar un xogo con balón para que sexa tamén un bo traballo físico.

Linkalde · 2026-10-27

No fútbol base, «facer físico» adoita significar dar voltas ao campo ou series sen balón. Pero o fútbol non se xoga correndo a ritmo constante: xógase con arranques, freadas, cambios de dirección, duelos e pausas curtas. Aderestar o físico na cantera ten máis que ver con escoller ben os xogos que con correr máis.

Que pide o fútbol

O manual de formación e preparación física da FIFA resume o que fai un futbolista adulto nun partido. Corre entre 10 e 13 km, pero a maior parte a ritmo lento. O que decide o partido é o intenso: entre 50 e 70 arranques a máxima velocidade, de 30 a 50 duelos e apenas 15 a 30 segundos para recuperar entre unha acción intensa e a seguinte.

Como se reparte a distancia dun partido (adulto)

Carrera lenta ou ao paso
5 a 6 km
Carrera moderada a alta
2,5 a 3,5 km
Carrera intensa
1,5 a 2,5 km
Sprint
0,6 a 1,2 km (50 a 70 sprints)
Carrera cara atrás
0,3 a 0,4 km
FIFA, A formación e a preparación física. Valores de futbolistas adultos: na cantera os partidos e os campos son máis pequenos, pero o patrón é o mesmo.

O fútbol é un deporte de esforzos intermitentes: moitos esforzos curtos e moi intensos con pouco descanso entre eles. Por iso pesan máis a resistencia para repetir esforzos e a velocidade explosiva que a capacidade de correr moito rato ao mesmo ritmo.

Con balón sempre que se poida

A FIFA insiste en que, tamén na preparación física, o balón é a ferramenta principal do futbolista, tanto na élite como nas categorías xuvenís. Non significa que todo teña que ser con balón. Hai que buscar un equilibrio: o traballo integrado (con balón) entrena á vez a técnica, a decisión e o físico, e o traballo separado (sen balón) permite controlar mellor a intensidade, por exemplo na técnica de carreira ou na velocidade pura.

“O balón debe utilizarse o maior tempo posible.”
FIFA, La formación y la preparación física

Que capacidade traballar en cada idade

Non todas as capacidades se entrenan igual a todas as idades. A FIFA dá algunhas pautas claras: a coordinación é a gran prioridade entre os 8 e os 12 anos; o crecemento dos 11 aos 14 desordena; e a preparación física a longo prazo comeza, de forma progresiva, cara aos 12-14 anos. Esta táboa xunta esas pautas:

IdadePrioridadeComo
6 a 8 anosCoordinación, axilidade e velocidade de reacción xogando.Xogos de persecución, relevos e sinais. A resistencia sae soa de xogar moito. Sen traballo específico de forza nin estiramentos.
8 a 12 anosCoordinación: é a idade na que o sistema nervioso máis aprende. Velocidade de reacción e sprints curtos.Coordinación separada e con balón, 15 a 20 minutos dous ou tres días por semana (o quecemento é un bo momento). Dende os 9-10 anos, estiramentos suaves ao final de algunhas sesións para crear o hábito.
11 a 14 anos (estirón)Manter a coordinación, que empeora ao crecer, e comezar a preparación física progresiva.Seguir con coordinación e técnica. Forza co propio peso. En resistencia, cada un ao seu ritmo: non obrigar a todos a seguir ao que máis corre.
15 anos en adianteResistencia para repetir esforzos, velocidade e forza.Traballo de forza con cargas lixeiras e boa técnica, coordinación e velocidade dous días por semana, sprints de 10 a 20 m e xogos reducidos intensos.

As idades son orientativas: dentro dun mesmo equipo hai nenos que maduran anos antes que outros. A idade biolóxica manda máis que a do carné, sobre todo no estirón.

Cada capacidade, en poucas liñas

Resistencia

Pódese desenvolver desde moi pronto con xogos con balón e con outros deportes. En xoves de 12 a 15 anos, a FIFA advirte de que é un erro, e incluso perigoso, obrigar ao grupo a seguir o ritmo dos que máis resistencia teñen: cada un debe correr ao seu ritmo, e o adestrador vixía a respiración e a cara de cada xogador. Un estudo sueco que recolle o manual usa partidos de 3 contra 3 con portarías pequenas en 33x20 m como entreno de resistencia, con períodos de xogo e descanso como 3 minutos de xogo e 2 de pausa.

Velocidade

Arranques, conducións con cambio de dirección e sprints, pero en distancias curtas: de 10 a 20 m en xoven. A velocidade e a coordinación trabáñanse descansados, nunca con fatiga, porque co cansazo o sistema nervioso non aprende. Por iso van ao principio da sesión, xusto despois do quecemento.

Forza

Primeiro, unha base xeral e equilibrada: músculos que se oponen (os de diante e os de detrás da coa, por exemplo) igual de traballados. Comezáse co propio peso do corpo e só máis tarde pásase a cargas lixeiras. En nenos, saltar, escalar, empurrar e loitar polo balón xa é traballo de forza.

Flexibilidade

No fútbol fáltanos menos que na ximnasia. Segundo a FIFA, antes da puberdade non é esencial estirar, aínda que convén crear o hábito dende os 9 ou 10 anos, dúas ou tres veces por semana ao final do adestramento. Estiramento lixeiro de 5 a 10 segundos no quecemento e máis longo, de 15 a 30 segundos, ao final. Non hai que facer estiramentos estáticos longos xusto antes de esforzos explosivos, porque baixan o rendemento. E unha aclaración do propio manual: non está claro que estirar previna lesións; unha boa resistencia aeróbica de base, si.

1.11.22.12.23.13.24.14.2 E A B
Velocidade de reacción sen balón: escoitar tres cores, recordalas e saír. Decídese antes de correr, como no partido. · Ver o exercicio

Como converter un xogo en traballo físico

Co mesmo xogo pódese traballar unha cousa ou outra cambiando o número de xogadores, o espazo e o tempo. Javier Mallo, no seu libro sobre a preparación física baseada no xogo, propón unha referencia práctica: nun xogo de posesión, uns 100 m² por xogador dan un bo estímulo físico. Con 16 xogadores (7 contra 7 e 2 comodíns), un cadrado de uns 40x40 m.

Se queresXogadoresEspazoTempo
Resistencia (aguantar)Máis xogadoresGrande (uns 100 m² por xogador)Series longas, de 5 a 8 minutos
Repetir esforzos intensosPoucos (3 contra 3, 4 contra 4)PequenoSeries curtas, de 2 a 3 minutos, con descanso igual ou maior
Velocidade1 contra 1 ou 2 contra 2Distancias de 10 a 20 mAccións de poucos segundos e descanso completo

Os xogos con poucos xogadores en espazos pequenos teñen moitas aceleracións, freadas e cambios de dirección, que cargan moito os músculos. Hai que dosificalos e non poñelos varios días seguidos.

Mallo pon un exemplo de tarefa intensiva curta: dous equipos de 7 nun campo de 30x20 m. Xogan tres de cada equipo, 4 contra 4 co porteiro, mentres os outros tres descansan fóra, e cámbianse cada 2 minutos. Así xógase a máxima intensidade sen que ninguén chegue esgotado.

12 D C B
Un rondo que tamén é físico: cada perda obriga a esprintar 15 m ao cadrado libre e a defender alí. · Ver o exercicio

Errores habituais

Bibliografía

  • FIFA. La formación y la preparación física. Manual de entrenamiento de fútbol, capítulo 8.
  • Mallo, J.. La preparación (física) para el fútbol basada en el juego. FútbolDLibro, 2013.